|
|
Sandro Munari é considerado unha lenda dos rallyes
dos ´70 por ter sido o primeiro piloto capaz de
gaña-lo Rally de Montecarlo en catro ocasións,
e por selo máis destacado piloto ó volante
dun dos coches máis emblemáticos da historia
dos rallies, o
Lancia Stratos, e tamén por ser o primeiro
piloto latino en condicións de poñer en
dúbida a eterna supremacía dos pilotos
nórdicos fora do negro asfalto. Cando o Grupo
Fiat decidíu xubila-lo Stratos e sustituilo polo
máis convencional Fiat
131Abarth (previo estudio con prototipo incluído
do Fiat
X1/9 Abarth, desbotado a favor do máis comercial
131), Munari deixóu de creer nos rallies e marchóu
do Mundial cando o fixo (oficialmente) o seu amado Stratos.
Nado en Venecia en marzo de 1940, Munari comenzóu
a súa andaina no mundo das catro rodas competindo
en karting. Á idade de 24 anos (en 1964), debutóu
na disciplina dos rallies, aínda que coma copiloto
de Amaldo
Cavallari, con un Alfa
Romeo Giulia Super. Pouco despóis, Cesare
Fiorio, responsable deportivo de Lancia, fichóuno
como piloto, e fíxoo debutar no Rally de Montecarlo
de 1966. Munari non tuvo a fortuna de cara nesa primeira
aparición nunha proba de máximo nivel,
xa que una vanal averia no seu Fulvia impedíulle
colleitar un bó resultado. Non obstante, o italiano
encargaríase o ano seguinte de enmenda-la papeleta
adxudicándose o Rally de Córcega, acabando
5° no Montecarlo e levándose o título
de Campeón de Italia tras conqerir varias victorias.
A aposta de Fiorio tiña dado os primeros froitos.
Tamén no ano ´67 rematóu segundo
nunha competición de velocidade no circuito de
Mugello con un
Fulvia Coupé Prototipo. Entón sucedéu
un dos capítulos máis desafortunados da
vida de Sandro Munari: viaxando hacia Montecarlo, o
piloto italiano tivo un grave accidente, morrendo o
seu acompañante. Él quedóu anímicamente
roto e físicamente maltreito, de maneira que
a tempada ´68 pasóuna case que en branco.
Un ano máis tarde, o piloto italiano, que xa
facía gala de un carácter endiosado, propiciado
en parte pola admiración que lle profesaba a
Fiorio, volvéu a gañar o Campionato de
Italia. Todavía co Fulvia, logróu unha
memorable segunda posición no Rally de Portugal.
En 1971 decidíu trocar de copiloto, e comenzóu
a competir ó lado de Mario Mannucci, que se mantería
no posto durante anos. Con él rematóu
segundo no Campionato de Europa. Paralelamente, tamén
disputóu probas de velocidade como a Targa Fiorio,
que gañóu ó volante dun Ferrari
312.
Na tempada siguiente, Munari saíu de Almería
para facer a etapa previa á primeira prova do
calendario: Monlecarlo, e debéulle dar sorte
a saída en España porque gañóu
impoñéndose ó equipo Alpine-Renault;
unha victoria que lograría reeditar en outras
tres ocasións, convirtíndose así
no primeiro piloto que se adxudicaba esa carreria en
cuatro oportunidades. Todavía en 1972, Lancia
presentaba o seu novo coche de competición, o
Stratos, que debía reemplazar ó Fulvia
e competir contra os Renault
Alpine e os Porsche
911, máis potentes que o pequeño cupé
italiano, moi condicionado polo seu diminuto e raro
motor de catro cilindros en V e a súa tracción
dianteira, que lle daba unha vantaxe en terra, pero
era un lastre no asfalto seco.
O Stratos era diferente posto que, dende o principio,
era un coche concebido para competición, do que
se tivieron que fabricar 400 unidades para ser homologado
en Grupo 4, según o que estabrecía a normativa
en vigor da Fia para o Grupo 4. O primeiro rally que
disputóu o coche, todavía como prototipo,
foi o Rally de Córcega de 1972, con Munari ó
volante. En aquela ocasión abandonóu por
rotura da suspensión traseira, o punto débil
do coche. Ó ano seguinte, Munari faríase
coa primeira victoria dese mítico coche no Rally
Firestone (aquí en España, que lle seguía
a dar sorte...), que compretaría meses despóis
con un segundo posto na Targa Fiorio.
En 1974 empezaría un período de tres anos
de dominio absoluto do Stratos, que gañaría
tres títulos mundiais de constructores, en nos
que Sandro participóu activamente ó adxudicarse
seis victorias puntuables para o Campionato Mundial.
Entón, Munari convertíase na primeira
«superestrela dos rallies». Admirado en
Italia hasta límites insospeitados (decíase
que os tifosi bicaban a estrada ó seu paso),
Munari tiña un carácter moi irascible,
e ò máis mínimo problema mecánico
ou á máis leve indisposición persoal
convertían a un piloto diabólicamente
eficaz nun tipo insoportable, incapaz de concentrarse
no seu traballo. Mimado hasta límites insospeitados
por Fiorio, que incluíu un médico persoal
no equipo, Munari, con un bó físico e
unha mirada desafiante, sabíase unha «prima
donna» e xogóu con elo para chegar a convertirse
no piloto mellor considerado de unha xeración
pragada de nórdicos que iban a tomar unha cervexa
cos afeccioados despóis da carreira, algo que
Munari non fixo xamáis.
En 1977, Fiat fíxose cargo do plan de competición
de Lancia e promocionóu o seu 131 Abarth, que
rematóu a tempada como campión. Ese mesmo
ano, Munari proclamóuse gañador por terceira
vez consecutiva do rallye de Montecarlo co seu amado
Stratos, e foi asemesmo o gañador da Copa do
mundo Fia, precursora do actual Campionato do Mundo
de rallyes.
O piloto italiano, alcumado "il Dragón di
Carvezere", ou máis coloquialmente como
"il Drago", probóu o 131 Abarth, pero
xamáis se adaptóu á súa
conducción. Él mesmo aseguraba que ese
coche non estaba feito para él, e retiróuse
dos rallyes de maneira oficial. Durante uns anos a súa
obsesión foi o Rally Safari, no que se incribíu
con distintas monturas (o seu querido Stratos, un Dodge
Ram Charger, un Alfa
Romeo GTV...), sempre sen éxito.
Para comentar o artigo no foro de debate, fai click
aquí:
|