Libro de visitas

PEUGEOT 205 T16



Ver a Ari Vatanen, o piloto loiro finés hoxe eurodeputado subido no capot do seu Peugeot celebrando a victoria e brindando cun vaso de leite convertíuse en algo moi frecuente despóis do debut do 205 Turbo 16 en Córcega no ano 1984 .
E se non gañóu un campionato do mundo co 205 foi por mor dun gravísimo accidente en Arxentina , que casi lle costa a vida ó finés, que o tivo apartado das carreiras máis de ano e medio. O que sí conseguíu proclamarse campión foi o seu compañeiro de equipa, o bonachón e miope Timo Salonen .
Pero o debut do pequeno Peugeot non foi tan doado, pois fíxoo en terreo moi embarrado, e un modesto Citroen Visa 1000 Pistes gañóulle, e case que o fai un Rover 3500 de tracción traseira, pois a entrada de potencia era brutal e o sistema de transmisión era moi sofisticado , e deulle moitos quebradeiros de cabeza ós enxeñeiros de Peugeot.
Era o único dos Grupo B que usaba motor transversal, e o seu chasis era mixto, tubular con partes monocasco de aceiro e Kevlar . O motor, basado no do 205 de serie, tiña só 1775 cc. , e a potencia, evidentemente procedía dun turbo inmenso que daba bastante "patada" nas versións máis desenroladas. Inicialmente estaba nuns 340 cabalos. Na versión Evo2 xa conseguiron nada menos que ¡550 cv!. E iso con un peso de 940 Kg.
O cambio estaba basado no do Citroen SM , e tiña 5 velocidades inicialmente, por suposto con engranaxes de dentes rectos, e nalgúns rallyes co Evo2 usóuse unha evolución de 6 marchas.
Tiña suspensión con torres McPherson, con dobles amortecedores, pero o coche tiña moita tendencia a levantar e afundir o morro, a semellanza dos Audi , e levóu moito tempo conquerir un bó set-up para a suspensión.
Pero o mago da competición francés, Jean Todt , era testarudo, e a pesares de tódalas dificultades co proxecto, e a base dun concienzudo traballo e dun presuposto elevadísimo, os problemas foron dando paso ós resultados. Proba do ben que se facían as cousas na Peugeot por entón é que a evolución 2 empezóuse a desenrolar antes de que o orixinal gañase unha soa carreira. E proba de que o presuposto era alto, é que os 200 coches esixidos pola FIA para homologalos (encargados a Heuliez, un carroceiro que xa tiña experiencia en series curtas coma os Visa 1000 Pistes , Bx 4TC e moitos coches especiais), vendéronse na rúa por debaixo do custe de producción
. O Evo 2 tiña unha culata nova, un turbo máis evolucionado e a parte posterior era totalmente distinta , cun subchasis tubular máis lixeiro e ríxido. Pesaba só 920 Kg. Tamén se retocóu a carrocería, instalándose apéndices aerodinámicos moito máis grandes, tal era a necesidade de "aplastar" os moitos cabalos contra o chan. De feito, o spoiler posterior era inicialmente máis grande, pero a FIA prohibíullo montar e tiveron que correr cun máis pequeno. En San Remo, na etapa de asfalto montaron incluso faldillas laterais e fondo plano a semellanza cos formula 1, para aproveitar o "efecto suelo" e foron descalificados.
O 205 T16 gañóu 9 rallyes do campionato do mundo entre 1984 e 1985, e deu a Peugeot o mundial de constructores de 1985 e o de pilotos a Salonen. O Evo2 gañóu 7 rallyes do campionato, o mundial de constructores en 1986 e o de pilotos con Kankkunen .
A mellor descripción de cómo era realmente ese coche déunola o propio Juha Kankkunen: "...probamos un turbo máis grande que daba quinientos cincuenta cabalos. A primeira vez que soltéi o embrague penséi que romprera toda a trasmisión. A pista estaba mollada, e seguíamos patinando case que sen movernos coa terceira posta, e tiñamos a válvula reguladora do turbo ó mínimo!. Non había nada de potencia antes das seis mil voltas, e entón: ¡EXPLOTABA!. Tódolos cabalos chegaban de golpe, e seguían chegando en tropel ata as dez mil... . Vostede non pode comparar este coche con calqueira outro coche de rallyes. É coma comparar un vello Vw Escarabello cun Porsche 911 Turbo..."
A historia do 205 en rallyes do campionato do mundo rematóu coma para todos, cando suprimiron os marabillosos e brutais Grupo B, e cando o 205 empezaba a vislumbrar riváis pero que moi serios, coma o Lancia Delta S4 , o Ford RS200 , ou o nonnato e tan suspirado por Röhl Audi GrS .
Pero a súa lenda non rematóu coa anulación do Grupo B. O coche tiña potencial, e foi reconvertido por Peugeot para participar en raids , gañando o París Dakar entre outros. Alongóuselle a batalla para facelo máis dócil nos saltos do deserto , e incrementa-la capacidade dos depósitos de gasolina, reforzóuselle a suspensión e "descafeinóuse" o motor para soportar as longuísimas etapas africanas.
Tamén se construíu unha versión moi especial para participar na subida americana do Pikes Pike, donde non gañaron por moy pouco, ó romperse unha abrazadeira do intercooler, quedando sen potencia nos últimos metros da subida. Foi o desquite do Audi Quattro e un tal...Walter Röhl .
Máis adiante, cando Peugeot lanzóu o novo 405 , cambióuselle a carrocería ó coche por unha semellante á do modelo de rúa, pero o coche seguía sendo básicamente un 205 T16, e seguíu a súa marcha triunfal tanto en raids coma, por fin, no Pikes Pike... (Cousas de Todt, que se hay que gañar, ...gáñase. E punto).

Para comentar o artigo no foro de debate, fai click aquí:

FICHA TÉCNICA

Peugeot 205 Turbo 16

Debut: 1984 Tour de Córcega

Victorias en WRC: 6 (Ari Vatanen: 1984 1000Lagos, SanRemo, Rac, 1895 Montecarlo, Suecia; Timo Salonen: 1985 Portugal) .

Motor: 1775 CC., 4 Cilindros Turbo, Posición central transversal.

Transmisión: 5 velocidades, 4x4 .

CV: 350CV a 8000rpm.

Longo: 3,82 m.

Peso: 940 Kg.

 

Peugeot 205 Turbo 16 Evo II

Debut: 1985 Tour de Córcega

Victorias en WRC: 10 (Timo Salonen: 1985 Acrópolis, New zeland, Argentina, 1000 Lagos, 1986 1000 Lagos, Rac ; Juha Kankkunen: 1986 Suecia, Acrópolis, New Zeland ; Bruno Saby: 1986 Córcega).

Motor: 1775 CC., 4 Cilindros Turbo, Posición central transversal.

Transmisión: 5/6 velocidades (según rallye), 4x4 .

CV: 500 CV. a 7500rpm.

Longo: 3,82 m.

Peso: 910 Kg.

 

¿QUERES SABER MÁIS?

http://www.automobile-sportive.com/guide/peugeot/205t16.php

http://www.forocoches.com/foro/showthread.php?s=&threadid=6501

http://www.hisparally.com/?mostrar=articulo&id=80

DESCARGAS

Fai click aquí para ver a galería racing do PEUGEOT 205 T16

Fai click co botón dereito do rato e selecciona "Gardar destiño como..." para descargar vídeos do 205 T16 :


(Vídeo de presentación do coche de rúa, 18Mb.)


(Vídeo do 205 T16 en Rallyes, 23,3Mb.)


(Vídeo do 205 RAID, 8,38Mb.)


(Vídeo do 205 PIKES PIKE, 9,06Mb.)