|
|
Non é, dende logo, un coche típico nos
nosos ralyes, nin nos do resto de Europa, pero repasando as
listas de homologación da FIA, un non deixa de sorprenderse
vendo que os míticos Mustang americanos estiveron no
seu tempo homologados para competir en rallyes, e
aínda hoxe son usados
(os modelos actuais) nos moi escasos rallyes que se corren
nos USA e no Canadá (sobor de todo nas zoas francófonas).
Outra cousa son os ralis de regularidade, ámbito donde
sempre son moi aprezados pola súa lendaria fiabilidade
e gran confort ruteiro. Pero fagamos un pouco de historia
e coñezamos algo máis do primeiro dos Pony cars:
Cando foi presentado en 1964, o Ford Mustang inicióu
unha nova concepción do automóvil: o dun coche
deportivo fiable fabricado en serie, a un precio razoable
e con múltiples opcións para persoalizalo.
As súas liñas agresivas, a sua contrastada dureza,
o seu precio razoable e, ante todo, multitude de opcións
de persoalización, son as principais características
do Mustang, un coche que figura aínda -anque baixo
outra filosofía- no catálogo de Ford.
Coa chegada de Lee Iacocca a Ford, fixéronse por primeira
vez estudios previos de mercado, dos que se tiraba que a media
de idade dos compradores era máis xoven que do que
ata entón se creía, e decidíuse construir
un automóvil deportivo, práctico, e a un precio
accesible. Existía un proxecto de automóvil
deportivo de catro prazas, chamado provisioalmente Aventura,
que estaba previsto para ser comercializado en agosto de 1963
co nome comercial de Allegro. Decidíuse, sin embargo,
fabricar varios prototipos orixinais. O primero era unha bonita
e lixeira barqueta propulsada por unha mecánica V4
de 1.500 cm3, que foi presentada en octubre de 1962. O motor
provía do proxecto Cardinal, un compacto de tracción
dianteira inicialmente previsto para o mercado americano e
finalmente abandoado. Transferido á filial alemana
de Colonia, finalmente convirtíuse no Taunus, do que
foron vendidos 2,5 millones de unidades entre 1962 e 1970.
Aquela primeira proposta, co seu motor central, non convencíu
ós responsables de producto de Ford, que a consideróu
-sin faltarlle razóns- máis un «show car»
que un automóvil factible.
O 16 de agosto de 1962 foron alineados coidadosamente sete
prototipos nun discreto patio do Ford Design Center. O coche
que levaba o número 3, creado por Joe Oros, Gail L.
Halderman e David Ash, atraíu toda a atención
e o entusiasmo de Lee lacocca e de Henry Ford II. Home de
gran corpulencia, este último esixíu non obstante
que se aumentara a altura do teito, sobor de todo nas plazas
posteriores. O 10 de septembro de 1962 asinábanse os
documentos necesarios para pedir os útiles destinados
á industrialización do modelo.
Naqueles entón, o automóvil era coñecido
únicamente baixo o código T-5. Foi John Conley,
un empeegado da sociedade J. Walter Thompson, departamento
de comunicación de Ford, quen suxeríu o nome
de Mustang, un cabalo salvaxe e veloz das pradeiras norteamericanas,
de ahí que despóis este tipo de coches, deportivos,
pero de valor asequible para as economías medias do
país norteamericano, déranse en chamar "Pony
cars". O nome de Mustang foi aprobado unánimemente,
e o escultor Charles Keresztes encargóuse de realizar
o potro ó galope que singularizóu a súa
célebre
grella dianteira.
Co fin de comprobar as reaccións do público
e poñer o coche definitivamente a punto, foi presentado
un prototipo denominado Mustang
II en vésperas do Gran Premio de Estados
Unidos de 1963 en Watkins Glenn. As súas formas xerais
eran xa case as definitivas do novo coche, salvo no frontal,
exageradamente puntiagudo. A súa pintura branca, con
finas listas azuies, acentuaba o carácter deportivo
do conxunto e anunciaba de forma premonitoria a saga dos futuros
Mustang
Shelby GT 350 e GT 500. Na prensa especializada
comenzaron a aparecer agunhas fotos conqueridas subrepticiamente
-ou quizás hábilmente suministradas pola propia
compañía- dos Mustang de preserie. Unha delas
foi a instantánea, tomada o 11 de marzo de 1964, do
sobriño de Henry Ford, Walter Buhl Ford III, acudindo
a un restaurante de Detroit conducindo un cabriolet negro.
Totalmente convencidos da expectación que causaba o
seu producto, Lee lacocca e Henry Ford decidiron presentalo
nunha data non habitual, o 17 de abril de 1964, no transcurso
da Feira Internacional de Nuva Yorke. O lanzamento oficial
foi obxeto dunha estratexia agresiva. O día anterior,
ás 19 horas, as principais cadeas de televisión
do país emitiron un anuncio que permitíu a 29
millóns de estadounidenses descubrir as primeiras imáxes
en movimento do novo Mustang. O día seguinte, 2.600
periódicos insertaron un anuncio proclamando as ventaxas
do novo automóvil. Finalmente, 150 periodistas de revistas
especializadas en automovilismo foron invitados a poñerse
ó volante dun Mustang de preserie na pista de probas
do fabricante, en Dearborn. O entusiasmo chegara ó
seu climax, e conseguíu incluso alcanzar incluso á
conservadora institución Tiffany and Company, que entregóu
ós directivos da Ford un premio pola beleza e o equilibrio
estético do Mustang. Por suposto, o coche abréu
a carreira das 500 Millas de Indianápolis en mayo de
1964, nun paso máis para a súa particular operación
de promoción.
O precio básico do Mustang, outra novidade satisfactoria,
quedóu fixado en 2.368 dólares, unha cifra moi
inferior ós 2.500 preconizados polo comité de
estudios. Aquel precio tan asequible para a época,
tratándose dun deportivo, foi obtido gracias á
utilización de compoñentes xa coñecidos
das gamas existentes Falcon e Fairlane, como a plataforma,
os trens diantero e posterior, etc. O Mustang tiña,
ademáis, unha lonxitude idéntica ó seu
antecesor Falcon, pero a batalla foi acortada en 3 cm.
Os primeros Mustang estaban equipados con unha dinamo e un
equipo de calefacción con dúas velocidades.
Os modelos de 1965 foron equipados con un alternador e un
dispositivo con tres velocidades. A gama de 1964, producida
nas fábricas de Dearborn, San José e Metuchen,
só dispoñía de dous modelos, un coupé
e un cabrio. En septembro de 1964 incorporóuse ó
catálogo a versión 2+2 Fastback, quizáis
o Mustang estéticamente máis conseguido, con
unha soberbia carrocería inclinada, dotada de dez aberturas
laterales de aireación. O Ford Mustang básico
equipaba un motor de 6 cilindros en líña de
101 CV, acoplado a unha transmisión mecánica
de tres marchas. Sen embargo, no catálogo figuraban
tres opcións con motores V8, unha oferta moi acertada
para este tipo de vehículo, posto que dous Mustang
de cada tres vendéronse con este tipo de motor. Asemade,
púxose en marcha unha hábil estratexia de ventas,
igualmente vinculada á política de ofrecer diversas
opcións, cores e varios acabados de carrocería.
O coche persoalizábase segúndo os desexos do
cliente, ó tempo que aumentaba considerablemente o
seu modesto precio básico.
Sería moi simple decir que o Mustang foi todo un éxito,
posto que en 1965 vendéronse 518,252 unidades, un número
que correspondía, por exemplo, ó total da producción
da marca Dodge. Na tempada de 1966 saliron das cadeas de producción
607.568 Mustang, e en marzo de aquel mesmo ano celebróuse
a fabricación do número 1.000.000. O triunfal
proxecto reportóu a Ford unhas ganancias de 1,1 miliardos
de dólares, e entronizóu definitivamente no
seo da empresa de Dearborn o márketing científico
de Lido Anthony lacocca, os seus estudos previos de mercado
e os seus métodos productivos.
Para comentar o artigo no foro de debate,
fai click aquí:
|