Libro de visitas

OPEL MANTA

  OPEL MANTA: "BELLO E BESTIA"


 

 

 

 

 

 

 

 

 


Fai clic nas miniaturas para ver as imaxes a maior tamaño

 

 

Fai click aquí: para ver a galería racing do Opel Manta A

 

Opel Manta A:

A finales dos anos 60 Opel xa tiña no seu catálogo un pequeno coupé biplaza chamado GT 1900, de estética claramente inspirada na liña do seu primo maior Chevrolet Corvette, que era a punta de lanza da casa matriz GM ó outro lado do atlántico para competir cos muscle cars da competecia. Pero o GT 1900 era un coche moi limitado nas vendas pola súa pouca practicidade, e a competencia directa de opel en Alemania e Gran Bretaña, Ford, tiña un coupé de boa habitabilidade e precio asequible: o Capri. Aínda que Opel afirmóu que o seu coche non estaba deseñado para competir co Capri, cando foi apresentado como prototipo no Salón de París de 1970, os periodistas da época escribiron que por fin un fabricante xeralista lle plantaba cara a Ford e o seu Capri con igualdade de armas: un coupé de gran formato, de liña moi atractiva, e sobor de todo, fabricado aproveitando pezas de modelos máis que coñecidos, co que o seu custe e fiablilidade eran asumibles pola clase media europea da época.

O coche era realmente atractivo, e foi última obra europea de Chuck Jordan, que despois de traballar no Manta foi chamado como deseñador estrela ós Estados unidos. Cun morro afiado de capó longo e rematado con catro faros redondos, e unha traseira tipo Fastback moi tumbada, con pilotos circulares ó estilo Ferrari, o coche colleitóu o aplauso unánime de prensa e púbrico. Aínda que a plataforma basábase na do Kadett, as súas medidas foron modificadas mínimamente, e asemellábanse descaradamente ás do Ford Capri. Asemesmo, empregáronse elementos doutros modelos xa coñecidos, como o Rekord e o Ascona.

Inicialmente comercializáronse tres versións de motor, dous 1.6 de 68 e 80cv procedentes do Ascona, e un 1.9 de 90cv. Posteriormente ofreceríase un básico 1.2 donado polo Kadett, que nunca se exportóu a Gran Bretaña.

O coche fabricóuse de 1970 a 1975, e chegáronse a fabricar case que medio millón de Mantas A, o que nos dá unha idea do seu gran éxito comercial. As variantes de acabado e versións especial foron as seguintes:

Manta SR/Rallye.- O pack deportivo SR, tamén chamado Sport Rallye só estaba dispoñible co motor 1.9 (1780 opcional en GB), e destacaba por ofrecer un aspecto e acabado máis deportivo, que incluía interior totalmente en vinilo negro (considerado o "look" máis deportivo nos ´70), instrumentación compreta, llantas especiais, volante deportivo, teito de vinilo opcional, topes de goma negros nos parachoques, suspensión máis dura, lámparas halóxenas, logo stingray nas aletas, etc.

Manta Berlinetta.- Sae ó mercado no ano 1972, e tamén vai asociada á mecánica 1.9. Os seus elementos diferenciadores son o seu interior rematato en pano velour combinado con vinilo cos colores da carrocería, teito de vinilo, neumáticos 185/70 HR en llantas de 13x5.5 deportivas (roystile), instrumentación deportiva, lámpadas halóxenas h1, e inscripcións "berlinetta" nas aletas dianteiras.

Manta Luxus.- Fabricadas 400 unidades a partires de Marzo de 1974, todas elas en bermello, e tamén co teito de vinilo negro, interior en vinilo negro, teito practicable, lámpadas halóxenas, reloxo na consola central e o emblema Stingray e logo 1900 (única motorización) nas aletas.

Manta GT/E.- Esta versión nacéu coa incorporación da inxección ó motor1.9, e significóu a última versión especial producida directamente pola fábrica. Distíngense moi fácilmente, pois era a primeira versión que montaba de serie un spoiler frontal, capot e detalles exteriores pintados en negro mate, e inscrpcións GT/E no frontal e parte traseira. A suspensión era rebaixada, e os amortecedores eran uns eficaces Bilstein de gas. Este modelo non foi exportado a GB.

Manta Turbo.- Esta versión só se fixo en GB, e era un Manta modificado polos preparadores de opel DOT (Dealer Opel Team), e Tony Fall LTD. (Broadspeed). Foi probablemente a versión máis especial do Manta A desenrolada en Gran Bretaña. Só se fixeron 28 unidades, o que nos da idea da súa rareza e exclusividade. Todo foron pintados de negro, e adoptaron o spoiler dianteiro do GT/E continental. Tamén se lle engadiron pequenos adhesivos prateados fileteando todo o coche, e nas aletas traseiras a inscripción turbo. A mecánica sobrealimentada desenrolaba un 75% máis de potencia que o modelo de partida, o Manta Berlinetta, e tiña pistóns de baixa comprensión, carburador modificado e escape deportivo. O resultado eran 156 cv, que na lixeira carrocería do Manta facían do coche un auténtico misil, con unha aceleración de 0 a 96 Km/h (0-60mph) en 7,6 seg. Actualmente só sobreviven 13 destos exclusivos e cotizadísimos coches en Inglaterra.

Manta TE2800.- Outro dos Mantas A máis buscados. O preparador belga Transeurop Engineering, fixo o máis simple e ó tempo complicado (houbo que modificar o radiador e soportes do motor, e ubicar a batería no maleteiro) para converter o Manta nunha bestia das estradas. Sacóulle o motor ó inmenso Opel Comodore e metéuno no capot do lixeiro coupé. O motor era un 6 cilindros en liña de 2800cc., que daba de serie 142 cv, e era un excelente punto de partida para preparalo máis a fondo para competición, donde chegaban con facilidade ós 230 cv. Exteriormente era sen dúbidas o Manta máis impactante, pois ademáis do spoiler frontal engadíronse unhas aletas ancheadas para dar cabida a uns neumáticos máis anchos (195/70 13 HR). Outros elementos exclusivos eran os asentos Recaro, volante Nardi, reloxos do cadro tomados do luxoso Comodore, caixa de engranaxes ZF de 5 velocidades, disco de freos ventilados, suspensións especiais e pequenos detalles cosméticos. Non era precisamente un coche "tuneado", como entendemos agora, pois fíxose co total beneplácito da casa matriz,que veía como seu coche competía en igualdade coas versións máis potentes do Capri.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Fai clic nas miniaturas para ver as imaxes a maior tamaño

 

 

Fai click aquí: para ver a galería racing do Opel Manta B

 

Fai click aquí: para ver a galería técnica do Opel Manta 400


Opel Manta B:

En 1975, Opel decide renovar a carrocería do Manta. Desaparece totalmente o look "americano" de Chuck Jordan, e adóptanse unhas liñas menos curvas, destacando o grandes faros cadrados que foron a seña de identidade principal do Manta B. Ó mesmo tempo, en Gran Bretaña introducíase o Vauxhall Cavalier, que en versión sedán non era outra cousa que un Ascona con frontal de Manta modificado, e en versión coupé correspondía ó Manta de Opel con logos distintos e un frontal levemente modificado sen grella dianteira.

A versión básica levaba inicialmente paracoches cromados, e tiña carrocería de tres volúmenes. En 1978 presentaríase unha segunda carrocería tipo coupé, cun gran portón traseiro. Curiosamente, esta carrocería era a máis cara, e agora son as versións menos cotizadas. Dependendo dos mercados, variaban as versións, sobor de todo as motorizacións básicas. No Reino Unido, por exemplo, inicialmente a versión básica era o 1.6L. Pero imos repasar as distintas versións polo miúdo.

Manta GT/E.- Montaba un motor de 1.9L, que rendía 105cv na versión continental e 90cv no Reino Unido. As llantas eran de chapa, e persoalmente penso que bastante menos atractivas que as Rostyle do Manta A. Os parachoques eran cromados e tiñan unha banda de goma protectora negra e o capot dianteiro estaba pintado tamén en negro mate. Opcionalmente podíase montar autoblocante traseiro si queríamos ter un comportamento medianamente deportivo, pois a ponte traseira seguirá sendo ríxida en todolos modelos, incluso nos últimos e máis potentes. Os carburadores deixan paso a unha inxección Bosch.

Manta SR.- Presentado en 1978, monta un motor de acceso á gama de 1160cc procedente do Kadett que desenrola 60cv.

Manta Berlinetta 2000S.- O motor 1.9L. deixa paso ó novo 2.0L que rinde 100cv no Reino Unido e 110 no mercado continental.

Manta Berlinetta SR 2000E.- Igual mecánica que o anterior pero con máis equipo e decoración máis deportiva.

Manta CC.- En 1978 nace a versión Combi Coupé, e a versión de acceso á gama pasa a ser un motor 1.3L. máis moderno coa árbore de levas en cabeza.

En 1980 tódolos modelos montan xa os parachoques negros.

No ano 1981 o Manta renóvase estéticamente de novo. A nova versión é coñecida polos afeccioados como facelift -lavado de cara-, e distínguese pola grella dianteira de catro aberturas e novos parachoques de material plástico, principalmente.

Manta GC/J.- Só se ofrece como coupé. Leva un motor de 1786cc, e no Reino Unido é o modelo de entrada á gama. Só se produce por un ano, e será sustituído polo S GT.

Manta S GT.- Esta versión só se ofrece coa carrocería Fastback, co motor 1.8l. procedente do Kadett GT/E.

Manta GT/E.- En 1982 nace o que será posiblemente o máis popular dos mantas. Co motor de 1979cc inxección, e unha estética moi sport, cautivóu ós amantes dos deportivos da época. Montaba asentos Recaro, e llantas Ronal de 14".

Manta Irsmcher i200.- Entre 1985 e 1986 nace esta versión da necesidade de homologar o Manta no grupo B da Fia. O coche é básicamente un GT/E modificado polo preparador de Opel, que añade ó Manta GT/E elementos do Manta 400 de competición, como os catro faros halóxenos ou o alerón posterior sobredimensionado. O motor lévase a 136cv de serie, e opcionalmente pódese montar diferencial autoblocante. Os asentos e volante son específicos Irsmcher. Opcinalmente no Reino Unido podíase pedir con decoración Rothmans.

Manta i240.- Resultado de subir la cilindrada al 2.0l. hasta los 2396cc, este Manta no fué nunca homologado, y era ofrecido como un 400 "descafeinado", pues ofrecía la misma potencia que el i200, 136cv, aunque con más par motor. Tenía detalles de Irsmcher y su estética estaba basada directamente en la del 400 de carreras. Sólo se ofrecía en cores branco ou gris metalizado.

Manta i300 e i2800.- Outros dous modelos especiais de Irsmcher, e resultado de instalar no capot do Manta a mecánica de 6 cilindros e 2969cc inxección do Opel Omega. O i300 rendía de serie 177cv., e foi o Manta máis potente ofrecido nun concesionario, no que por medio dunha opción da propia casa podía potenciarse ata os 200cv con total garantía da Opel. Tamén opcionalmente se ofrecían todo tipo de detalles de persoalización Irsmcher, coma o kit óptico do 400.

Manta 400.- É, sen dúbida algunha o Manta máis buscado. Erróneamente, moita xente cree que o Manta 400 é un conxunto de aleróns, aletas sobredimensionadas e faros racing con un motor estratosférico. Non era así. O coche tal como saía da cadea de producción era bastante discreto -para ser un Manta especial-, e os plásticos exteriores que lle daban ese aspecto brutal eran unha opción máis do catálogo de Irsmcher, o preparador oficial de Opel. O motor estaba basado no do pacífico Opel Rekord Diesel e cubicaba 2410cc.A súa fiabilidade en competición estaba máis que demostrada, pois víñase utilizando xa no Ascona 400. Daba 144cv. de serie...Entón: ¿porqué é o Manta máis cotizado e buscado polos coleccionistas?. Pois porque esa era simplemente unha base para crear un auténtico aparato de correr, un grupo b. De bloque para arriba, foi totalmente modificado polos enxeñeiros de Cosworth Engeenering, e a súa culata de 16 válvulas é unha verdadeira obra de arte mecánica. Aínda que de serie estaba alimentado por inxección, en competición os bós preparadores montaron carburadores, co que a súa potencia chegaba en versións non moi apretadas a uns serios 275cv. Incluso en algúns siluetas do Gr5 chegaron a montar turbo, o que os lanzaba a case que 400cv. A súa historia nos ralis do mundial non foi moi relevante en palmarés absoluto, pois tiña que loitar contra os potentísimos Grupo B Turbo, pero a súa fiabilidade e fácil mantemento eran moi apreciados polos pilotos privados. Chegóu incluso a gañar a categoría de 2 rodas motrices no París-Dakar nas mans de Guy Cosoul. Destacaban as lendarias loitas entre Jimmy McRae e Russel Brooks no campionato británico, e en Francia o importador Opel chegóu a sacar á rúa unha serie limitada co nome de Guy Frequélin, en honra ó piloto máis espectacular do campionato...-¿ou sería mérito do coche?-. Nos últimos anos do grupo b, o departamento de competición de Opel tentóu incluso de fabricar un Manta 4x4, do que a empresa inglesa de transmisións e diferenciais Ferguson fixo unha unidade, pero o coche non así podería competir en igualdade de condicións -motor dianteiro, eixe ríxido atrás, motor atmosférico-, e decidíuse desbotar o intento. Hoxe en día, é case que imposible encontrar un Manta 400 de rúa, pois dos 245 fabricados, case que todos foron destinados á competición. O que sí hay son moitas preparacións imitando un 400, pois é relativamente fácil atopar os compoñentes precisos para facelo.

Manta GSi.- Foi o canto de cisne deste modelo, que cunha disposición mecánica condicionada pola súa arquitectura traseira de ponte ríxida, xa non podía facer frente á competencia en terreo revirado, e cesóu a producción o 28 de Xuño de 1988.

Versións especiais.- Moitos preparadores tomaron o atractivo Manta como base para dar renda solta á súa imaxinación. Dende versións prestacionais como o Cuartenay Turbo, que ofrecía 250cv, ata versións coa carrocería modificada en cabrío, tanto do Manta A como do Manta B, ata transformacións en rancheira ou mesmo Pick-up, o Manta era o coche ideal: Mecánica sinxela e de gran serie, precio asequible, e, sobor de todo, un envoltorio precioso que facía volver as cabezas -aínda hoxe o consigue-, fixeron que Opel foso capaz de fabricar case que millón e medio destos deportivos.

Para comentar o artigo no foro de debate, fai click aquí:



COTIZACIÓN

Segundo a revista Motor Clásico:

Manta A: 4800 - 1200€
Manta A GT/E: 5400 - 1200€
Manta B: 4200 - 1200€
Manta B GT/E: 5400 - 1200€

Opel Manta 400 (estimado polo autor): +-30.000€


¿QUERES SABER MÁIS?


http://www.mantaclub.nl

http://www.mantaclub.org
http://www.manta-news.de
http://membres.lycos.fr/opelmanta