Libro de visitas

STEVE MCQUEEN

  STEVE MCQUEEN (Monográfico feito por MALDIZER)

 

 

 

 

 

 

 

McQueen Speedser

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

Terrence Steve McQueen naceu o 24 de Marzo de 1930 en Slater, Missouri (Estados Unidos). Despois de ter sido abandonado polo seu pai, trasladouse coa sua nai a California, donde se converteu nun neno rebelde con sona de escapista de internados.
Na sua adolescencia, Steve intentou gaña-la vida ocupando diferentes postos de traballo, como serrador, en pozos de petroleo texanos ou como mariño en barcos petroleiros e nos rios madereiros de Canada.
Aos 17 anos decidiu alistarse no exercito (o seu pai fora piloto) como marine Ver imaxe. Disque durante unhas maniobras no Artico o seu barco encallóu e varios mariñeiros caeron ao mar, McQueen tirouse nas xeadas augas do norte e consegui salvar a 5 compañeiros.
Cando tiña 20 anos decatóuse de que o exercito non era o seu, asi que decidíu deixalo e comenzou a deambular de novo por un sinfín de oficios. Traballou de camareiro, ainda que pronto comenzou a xogar ao poker nos seus ratos libres... e a facer cartos con el. Comezou a estudiar, becado, actuación no Herbert-Bergoff Drama School e o Actors Studio.
Mais tarde uniriase en Nova Yorke ao Neighborhood Playhouse e recibiria clases de Uta Hagen e Herbert Berghof.
Contaba 22 anos cando se matriculóu na escola e 25 cando debutou en Broadway gracias a sustitución de Ben Gazzara na la obra teatral "Hatful of rain".
Nesa época perfeccionou as suas habilidades ante as cámaras acudindo ao mítico Actors Studio de Lee Strasberg.
En 1956 iniciariase no mundo do cine coa la película "Marcado polo odio", protagonizada por Paul Newman, do que se faria gran amigo. A imaxe de antihéroe que exhibian as suas personases no cine, non facian mais que acrescentar a sua imaxe de rebelde e “becho raro”.
En 1957, McQueen casouse coa actriz Neile Adams. Para o 1960 convertiriase definitivamente en estrela do cine Hollywoodiense con “Os sete magnificos”, adaptación yankee de “Os sete samuráis” de Kurosawa
Foi a partir de 1970 cando realmente Steve se dedicou a cultivar as suas aficcions, facendo e vivindo como a el realmente lle gustaba, disfrutando mais do seu tempo libre, en especial do mundo das carreiras de coches, as motos e as artes marciais (tuvo como profesores ao mítico Bruce Lee Ver imaxe e o mediatico Chuck Norris).
En 1972, rompeuse o matrimonio de Steve McQueen con Neile Adams, en parte pola amizade entre o actor e Ali McGraw na película de Sam Peckinpah "A fuxida" (1972). En 1973, McQueen e McGraw casarianse, ainda que so durasen xuntos 5 anos.

MCQUEEN E O MUNDO DO MOTOR

Steve comenzóu unha indudable afeción ao mundo das motos a raiz da película “A Gran Evasión”, na que, por suposto, el mismo pilotou unha Triumph TR6 Trophy, ainda que estaba “disfrazada” de BMW da epoca da guerra Ver imaxe . Esta primeira toma de contacto e as sensacions que a mesma lle produciron marcariano profundamente, ata o punto de que chegou a ter mais de 200 unidades Ver imaxe de todo tipo e clase de marcas, coñecida como a “Colección McQueen” Ver imaxe .
Pero o seu amor a moto, non era a dun simple coleccionista, el gustaba de disfrutalas e conducilas, e chegóu a ser un grande piloto, ata o punto de formar parte do equipo americano nos International Six Day Trial, tamen con unha Triumph, neste caso de 650cc.
Mencion a parte merece a aparicion de McQueen nun documental chamado “On Any Sunday” Ver imaxe (Un Domingo Calquera), un clásico no cine de motos, que recolle as ideas e a maxia de tres grandes de aquel momento: Mert Lawill, Malcolm SmitheSteve McQueen.
O film retrataba (entre outros) os desesperados intentos de Lawill para defende-lo titulo americano e os adestramentos sobre tres tipos de moto distintos Ver imaxe . O seguimento de Malcolm Smith, o mais famoso piloto de motocross daquela epoca e o duro Six Days Trials Race en España Ver imaxe . E os adestramentos dun McQueen, todavía amateur, que se preparaba como “piloto do deserto” Ver imaxe . Hoxe esta película esta considerada un clásico entre os amantes das duas rodas.
Pero si algo marcou a vida, tanto personal como cinematográfica de McQueen foron os automoviles. Poderiamos empezar falando do vehículo para as dunas Ver imaxe , que él mismo construiu e conduciu, nas escenas de praia con Dunaway en “O caso de Thomas Crown”.
Pero os seus primeiros autos “de rua” foron os lixeiros MG ingleses... mais co éxito, chegaron os medios para comprar autenticas xoias da automocion: un Lotus 11, un Cobra 289, variosFerrari.... houbo tamén Porsches e Packards.
Pero de entre todos eles destacou un para el: o Jaguar XKSSde 1957 Ver imaxe con número de chasis XK.SS.713, Ver imaxe apodado “A Rata Verde”, que tras moitos avatares conservou con el hata o final Ver imaxe .
Este coche Ver imaxe foi unha serie limitada, basada no D-Type que gañou “Le Mans” en 1955, 56 e 57. So se fixeron 18 unidades. A Steve gustaballe tanto que o usaba como coche de diario, e curiosamente comprouno de “terceira man”. Dise que orixinalmente estaba pintado de branco, cos interiores en vermello e que o seu primeiro dono fora o contratista que levantara a pista de carreiras de “Riverside International”. Pronto vendeu o XKSS Ver imaxea un famoso locutor de radio local, quen frecuentemente o deixaba aparcado diante do estudio en Sunset Boulevard, donde McQueen o viu por primeira vez. Finalmente terminou mercando o coche en 1958 por 4000 dolares.
Steve pintou o exterior de verde ingles, e encargóu ao piloto de dragsters, fabricante de Hot Rods e tapiceiro, Tony Nancy, un novo interior con pel negra Ver imaxe . Tamen encargóu unha tapa de metal para a guanteira, supostamente para manter as gafas de sol no seu sitio cando lle daba por exprimirlo.
Sen embargo, por algun motivo McQueen vendeu/cedeu o coche ao coleccionista William F. Harra a finais de 1967 baixo o acordo de que estivera en exhibición permanente na “Harra’s Auto Collection” en Reno. Unha década despois, McQueen quixo recuperar o coche. Tras dous anos de negociacions, moitas veces inamistosas, volveuno a ter para si.
O auto foi restaurado nos 80, conforme o tiña McQueen, por un coleccionista que chegou a coñecer a Steve, ainda que mais tarde foi vendido a outro conocido coleccionista californiano.
Ainda asi, case os dous coches, por excelecia, cos que soemos relacionar a McQueen son: O Porsche das “Las 24 horas de Le Mans” e o Mustang de “Bullit”. Pero por qué "Le Mans" e Bullit?. Empecemos pola mais grande carreira do momento Ver imaxe .
A idea de rodar un filme sobor das “ 24 horas” era algo que levaba rondando a cabeza de Steve dende facia anos, asi que puxose mans a obra e pronto conseguiu xuntar direcitor e presuposto, pois era persona de credito e sona en Hollywood.
Sobrepasados os primeiros tramites e conseguidos os permisos, a idea era comezar a filmar na primavera de 1968. Pero dado o movido ambiente do famoso "Maio Frances", as productoras (Waner e Solar, esta ultima da sua propiedade) suspenderon a rodaxe, decidindo agardar.
En 1969 Steve volve a Le Mans , e analiza o circuito con varios técnicos, "olfateando" o ambiente, facendo algunhas tomas e sendo testigo do lendario triunfo de Ickx-Oliver por un par de metros no seu vetusto GT40. Ver imaxe
McQueen estaba decidido. Tiña pensado participar na seguinte edición das 24 horas ós mandos dun Porsche 917, tendo como parella a Jackie Stewart. Pero as aseguradoras e os accionistas de Solar Productions e Warner bloquearon o proxecto, pois temian as consecuencias de un posible accidente a bordo do “facedor de viuvas” (apodo dado ao Porsche 917 pola prensa do momento). Asi que Steve mercou un Porsche 908... pero nin con esas!.Ver imaxe
Con todo, Steve decideu inscribir o seu Porsche 908 para a carrera de 1970 tras instalarlle 3 cámaras (duas diante e unha detras) que lle otorgaba uns chamativos bultos na carrocería. So a camara dianteira (que facia unha curiosa trompa no capot) pesaba 67 Kilos.Ver imaxe
O coche foi confiado a Herbert Linge e Jonathan Williams con Rob Slotemaker como reserva. Partiron na posición 31 e chegaron na novena, facendo asi unha moi boa carreira, e mais tendo en conta as tremendas condicions climáticas e as numerosas paradas en boxes para cambiar ... a película!.Ver imaxe
Sen embargo o enton piloto Willy Braillard fixera uns comentarios anos despois suxerindo, que pese a todo, McQueen correra parte da carreira: "Ese ano (1970), eu estaba no box do lado. Compartía con Jean-Pierre Gaban un Porsche 911. McQueen estivo presente durante toda a carreira e camiñaba sen vixiancia, era moi bo, tiña moito talento...".
Para Braillard non habia dubidas. Finalmente Jean-Pierre Gaban, compañeiro de Braillard tamen o corroboraria.
De ser esto verdade McQueen teria corrido asi Le Mans co 908, ainda que non esta confirmado, e oficialmente non foi asi.
A proba de 1970 seria gañada por primeira vez por Porsche cun 917 a cargo de Hans Herrmann e Richard Attwood. Ver imaxe
O que e seguro e que McQueen correu as 12 Horas de Sebring Ver imaxe. Elixiu esta vez, un clásico do seu país, da mitade de duración de Le Mans, e a pesar de ter unha perna rota, debido a un accidente de moto precedente, pilotou facendo parella con Peter Revson Ver imaxe no Porsche 908.
Gerd Schmidt Ver imaxe, mecánico de la casa de Zuffenhausen, estaba moi preocupado pola sorte do 908 Ver imaxe . "Nunca creeria que puidera correr alguen cunha perna enxesada", dixo despois da proba o mecánico alemán.
¿Cómo conseguiu facelo o Steve? Simplemente golpeando o acelerador. Non era o modo mais ortodoxo de correr, pero a lo menos os seus soños comenzaban a convertirse en realidade.
Os mais modernos Porsche 917 quedaronse a medio camiño por problemas mecánicos, pero o pequeño 908 continuou avanzando conforme pasaban as horas. Só Mario Andretti logrou alcanzar e rebasar a Revson nun Ferrari 512 (más rápido que o Porsche) gañando finalmente a proba, ainda que seguido moi de perto polo 908 nunha das finais mais cerradas da historia das 12 horas de Sebring. Revson e McQueen Ver imaxe quedaron finalmente segundos.
Xusto despois rodaria por fin “As 24 Horas de Le Mans” Ver imaxe . Levou catro meses filmar o material de estudio. Foron 10.000 metros de película dos cais se utilizou a cuarta parte. O filme foi estrenado en 1971, ano no que Porsche gañou Le Mans por segunda vez consecutiva.
Solar (productora do filme) alugóu nun principio cinco Porsche 917 Ver imaxe , dous 908 Ver imaxe , catro Ferrari 512, un 312 e un surtido de Lolas, Alfas, Chevrons e Matras. Mais un Ford GT40 que facia as veces de cámara movil con Rob Slotemaker ao volante. En total 14 coches, ainda que mais tarde se mercarian outros 11 Ver imaxe .
McQueen apareceu ao volante duna réplica dos Porsche 917 celeste e naranxa do equipo Gulf Porsche de John Wyer Ver imaxe , similar ao que en realidade compartiron Jo Siffert e Brian Redman Ver imaxe .
56 Pilotos foron reclutados pola producción entre os que se se atopaban homes como Ickx, Siffert, Elford, Gregory, Piper, Bell, Attwood, Redman, Müller, Larrousse, Pilette, de Fierlant, Stommelen, Hailwood, Kelleners, Galli....  A sua tarea... reemplazar aos actores nas escenas de alta velocidade. Solo Jonathan Williams recibiu un pequeno papel no filme Ver imaxe .
Actuóu un equipo oficial de Porsche, como apoio profesional e técnico, e 200 extras. Con todo, pode que a anécdota mais curiosa fora a negativa rotunda a colaborar de Enzo Ferrari, ao enterarse que no filme, o gañador da proba seria un Porsche e non un Ferrari, en tempos de máxima rivalidade entre as duas marcas.
Enton a empresa encargada da producción comprou os autos vermellos. Así puido tomar corpo a personaxe de Erich Stahler, encarnado por Siegfrid Rauch, quen ao volante dun Ferrari 512S Ver imaxe sería o maximo rival de Michael Delaney (Steve McQueen), no Porsche 917K Ver imaxe .
Para as tomas especiais fixose, despois da carreira, unha réplica de Le Mans en Inglaterra Ver imaxe para filmar escenas que non podían tomarse na carreira real e varios dos protagonistas reais participaron nesa parte da filmación: Jackie Icks, Jo Siffert, Derek Bell, o ganador de la carrera real en 1970 Atwood, o eterno Larrousse que ainda hoxe está en activo, Brian Redman e Rolf Stommelen entre outros.
Exprimíronse ao máximo os automóviles e fixeronse peripecias a velocidades reais de competición (non mais despacio, como alguns técnicos suxerian). Ante calquera proposta de levantar o pe para a rodaxe duna escena McQueen respondia: "¡De ninguna maneira! ¡Vamos a facello como corresponde, asi nos leve un mes!"
Todo isto tivo unha cara factura... un Ferrari que se incendia, o motor dun Porsche que gripa, McQueen que escapa polos pelos de un accidente mortal en Mulsanner Ver imaxe , David Piper que perde unha perna nunha saida de pista, e un sinfín de contratempos.
Pasan as semanas e tensase o ambiente, o presuposto sobrepasase e os técnicos e extras van a folga, pois non estan cobrando. McQueen chora no set e John Sturges renuncia a dirección do filme argumentando que Steve perdéu o norte, que "Le Mans" e unha caixa valeira, e que o público non se atrae ao cine cun documental, por bon que sexa.
Pero McQueen Ver imaxe estaba obsesionado coa rodaxe. Finalmente Steve conseguiu que o director Lee Katzin finalizase a película, facendo tamen, algunas correccions sobre o traballo de Sturges.
O proxecto seguia adiante: “Son un tolo das maquinas” decia McQueen.
Pero se unha frase de Steve se fixo famosa gracias as “24” foi a de: “Correr e vida. O que pasa antes e despois e so unha espera". Ver imaxe Despois de moitas aventuras e desventuras conseguise finaliza-la rodaxe. Como a recibiria o publico?
A película comeza de maneira extraña; non hai diálogo durante os primeros quince minutos. Despois, pouco a pouco, comeza a acción, secuencia por secuencia, abrindose gradualmente ao espectador, mostrando os rituales e entresixos dos pilotos Ver imaxe .
Ademais, toma corpo a figura dun narrador que vai dándonos a coñecer alguna información previa para comprender as 24 horas.
No seu dia houbo unha clara división de opinions acerca do filme. Hoxe e considerado un clásico dos filmes que tratan o tema do automovilismo xunto con “Grand Prix”.
Mais tarde McQueen rodaria “Bullit” Ver imaxe .
A cinta “Bullit”, convirtiriase tamen nun clásico do cine de automovilismo, ainda que non teña demasiado que ver, non hai nengun entusiasta que se digne de selo que non recorde a clásica persecución en San Francisco entre o Mustang Fastback GT 350 do 68 Ver imaxe verde do teniente Frank Bullit e os malos nun Dodge Charger 440 Magnum negro Ver imaxe .
Os entusiastas teñen diseccionado cada escena ata o menor detalle e atoparonse con que McQueen manexou o Mustang en prácticamente todas as escenas Ver imaxe .
Os coches foron preparados por Max Balchowsky Ver imaxe , amigo personal de Steve, durante 5 semanas.
Sen emabrgo a calidade de construcción e materiais dos Mustang quedou en entredito cando nun salto, nunha escena de persecución Ver imaxe , o GT 350 practicamente se desintegrou con McQueen dentro. Durante toda a rodaxe os varios fallos estrucurais dos Ford provocaron algunha que outra dor de cabeza.
Dos 3 Mustang utilizados nas persecucions só un (con nº de chasis VIN 8R02S125559) sobreviviu, dando lugar as mais incribles lendas sobre os Mustang de Bullit, o trato que recibiron na rodaxe, e a sua robustez. Que o actual propietario do unico supervivinte se negue a que ningen o vexa, non fai mais que avivar todavía mais os numerosos rumores existentes.
En 1998 a lenda (boa) de Bullit pareceu resurxir. Unha campaña publicitaria de “Ford Europe” Ver imaxe fixo que recordasemos unha vez mais a McQueen Ver imaxe e ao seu Mustang, gracias a un avanzado software Steve aparecia conducindo e disfrutando de novo, esta vez aos mandos de Ford Puma Ver imaxe , reservando na sua garaxe sitio para o inolvidable GT 350 verde de Bullit.
Pero volvendo atrás no tempo de novo, debemos lembrar outra vez que Steve era un fanatico de todo o que tivese motor.
Asi que durante a su vida tivo ademais de coches e motos... varios avions (o mais famoso un PT-17 Stearman Ver imaxe ), diseñou e patentou un tipo de baquet Ver imaxe , e estivo a piques de deixar Holliwood para se converter en piloto profesional co apoio do seu grande amigo (e tamen grande aficionado ao motor) Paul Newman Ver imaxe .
Despois de que en 1972 fora detido en Alaska por conducir ebrio Ver imaxe , formouse na policia de “Los Angeles”, unha lenda sobre que se ofrecia un premio ao oficialque poidera alcanzar e multar a McQueen por exceso de velocidade. Ainda que se lle viu varias veces e se lle perseguiu, nunca lle deron alcance. O premio quedou vacante.
Tras o seu divorcio con Ali McGraw Ver imaxe en 1978 e a sua decisión de alexarse do cine, Steve McQueen casouse en 1980 coa xove modelo Barbara Minty Ver imaxe .
Por desgracia, o seu novo matrimonio duraría ben pouco, pois McQueen falecería na cidade mexicana de Ciudad Juárez debido a un cáncer de pulmón o día 7 de Novembro de 1980. Tiña 50 años.

Monográfico feito polo foreiro Maestro MALDIZER

Para comentar o artigo no foro de debate, fai click aquí:

 



FILMOGRAFÍA

 

Masa devoradora, A. (1958)The Blob. De Irvin S. Yeaworth Jr.
Wanted: Dead or Alive. (1958)Wanted: Dead or Alive. De George Blair
Cando ferve o sange. (1959)Never So Few. De John Sturges
Sete magníficos, Os. (1960)The Magnificent Seven. De John Sturges
Asalto ao banco de San Luis. (1960)The Great St. Louis Bank Robbery. De Charles Guggenheim
Zafarrancho no casino. (1961)The Honeymoon Machine. De Richard Thorpe
Comando. (1962)Hell Is for Heroes. De Don Siegel
Gran evasión, A. (1963)The Great Escape. De John Sturges
Amores cun extrano. (1963)Love with the Proper Stranger. De Robert Mulligan
Rei do xogo, O. (1965)The Cincinnati Kid. De Norman Jewison
Nevada Smith. (1966)Nevada Smith. De Henry Hathaway
Yang-Tse en chamas, O. (1966)The Sand Pebbles. De Robert Wise
Caso de Thomas Crown, O. (1968)The Thomas Crown Affair. De Norman Jewison
Bullitt. (1968)Bullitt. De Peter Yates
Vintecatro horas de Le Mans, As. (1971)Le Mans. De Lee H. Katzin
Fuxida, A. (1972)The Getaway. De Sam Peckinpah
Papillon. (1973)Papillon. De Franklin J. Schaffner
Coloso en chamas, O. (1974)The Towering Inferno. De Irwin Allen
Bruce Lee: O home e a sua lenda. (1977)Bruce Lee, the Legend. De Leonard Ho
Enimigo do pobo, Un. (1977)An Enemy of the People. De George Schaefer
Tom Horn. (1979)Tom Horn. De William Wiard
Cazador a soldo. (1980)The Hunter. De Buzz Kulik
Fame in the Twentieth Century. (1993)Fame in the Twentieth Century. De –

"When you are racing ... it's life. Anything thing that happens before or after... is just waiting". - Steve McQueen 1971.