Libro de visitas

VOLVO PV 444/544

  VOLVO PV 444-544 (Un sueco redondo) Polo foreiro maestro MalDizer

Despóis da terrible II Guerra Mundial, e a primeiros da década dos 40´, Volvo decidíu fabricar un coche "popular", e ese coche convirtíuse no Pv-444. As iniciais PV corresponden á palabra "Perssonvagn", que en sueco quere decir literalmente "coche persoal", e que podemos traducir literariamente coma "coche do pobo", unha definición que concorda exactamente coa traducción do alemán de Volkswagen; I é que, salvando as diferenzas, eso era o que os enxeñeiros suecos desexaban: motorizar ós suecos de crase media. O primeiro "4" aludía ás 4 prazas dispoñibles, e o "44" restante referíase ó ano en que o modelo veu a luz.

O deseño e a construcción comenzaron en 1943 e dende primeiros de septembo de 1944 o coche foi mostrado ó púbrico por primeira vez nunha exibición en Estocolmo, donde a fábrica recibíu nunha semana nada menos que 2300 pedidos do 444. A data de comenzo da producción foi anunciada para 1945, pero a carencia de materiais fíxoo imposible (Volvo adicábase á construcción de tractores e vehículos industriais, moito máis necesarios nos primeiros anos da dura postguerra).

A producción finalmente comenzóu en 1947 coa meta de construir 12,000 coches, pero namentres se agardaba o comenzo, o primeiro prototipo, co rexistro-número 011777, foi conducido por toda Suecia para face-las probas en situacións reais. Así, os probadores pasaron polos 76 puntos de venda que posuía a marca polo país nórdico, e ó remate da "xira", encontráronse con 10.000 pedidos antes de que empezara a construcción. Ese sí foi un misterio...e non o de Dávoro do S40.

O modelo PV444 pode decirse que foi o Volvo máis importante da historia. Del derivaron directamente, ademáis do 544 (o "5" púxose polo asento corrido que permitía homologalo para 5 prazas), un modelo familiar de gran tradición en Volvo, un PickUp, un cabrío, unha versión en chasis industrial para carroceiros, un deportivo que non chegóu a producirse en gran serie, o P1900 de 1956, que era un vistoso roadster 2+2 con carrocería de poliéster, que desgraciadamente nunca superóu problemas de xuventude, e só se fabricaron 67 unidades, o fabuloso P1800, o archifamoso coche de "El Santo", e o seu derivado 1800ES, coñecido polo alcume "O coche fúnebre de Brancaneves", e, por último, do Volvo 120 e 122 S, máis coñecidos coma Amazon.
Pero centrémonos no seu sucesor directo, que foi o máis utilizado en rallyes: O PV544.

PV 544 A- Non era realmente un coche totalmente novo, senón que era un 444 actualizado. Tiña parabrisas dunha peza rodeado dunha moldura cromada, as dúas fiestras posteriores sustitúense por unha soa luneta, e a parrilla dianteira é máis estilizada. O interior era totalmente novo co taboeiro de instrumentos redeseñado e forrado con materiais acolchados de seguridade, o asento traseiro agora tiña sitio para tres persoas. As luces posteriores eran moito máis grandes e parecidas á pranta do pé dun zapato. Freos máis grandes comenzarona montarse a partires do nº de chasis 207866. No mercado sueco o coche foi vendido en catro versións estándar: 54403, 54404 II special, 54405 I special e o Sport 54406.

Pv 544 B - Tapicería nova e novos remates nos asentos traseiros. A caixas de cambio eran novas, e todas montaban sincronizados.A M30 tenía 3 velocidades, e o M40 4. Foi construido a partires de agosto '60 a agosto '61, foron 34.600 os construidos.

Pv 544 C - Estreóu o motor brandnew B18. Era totalmente novo, con cinco coxinetes e 75hp na versión estandar e 90hp na versión Sport. O sistema eléctrico mudóuse a 12 voltios. Os intermitentes foron modernizados, así coma os faros, que xa montaban ópticas de alumeado asimétrico.As estrías da grella diantéira foron rediseñadas, así como as bisagras das portas e capots. A escala do velocímetro alcanzóu os 180 km/h.. Foron construídos 37.900.

Pv 544 D - Moi pequenos cambios. O máis importante foi a mellora na construcción da carrocería, cun pequeno tratamento anticorrosión. 27.100 construidos.

Pv 544 E - Plásticos novos, filtro de aire máis moderno e non reutilizable. Interruptores de luces máis grandes e luz verde nos instrumentos. As dimensións dos neumáticos foron cambiadas a 6,00-15 "(anterior 5,90-15"). 24.200 construidos.

Pv 544 F - Llantas novas de acabado metálico e con buratos de refrixeración para os freos máis grandes. Os emblemas "B18" foron retirados. Emblemas novos na grella, os lados e a parte posterior. 17.300 construidos.

Pv 544 G -O derradeiro PV. O motor Sport tiña 95hp e montaba rodas 165-15 radiais. O último 544 construído o 20 de Outubro de 1958 foi un Sport negro, e gárdase no museo Volvo de Goteborg. 4,194 construidos.


Fai clic nas miniaturas para ver as imaxes a maior tamaño

 

 

Fai click aquí: para ver a galería racing do VOLVO PV

O Volvo 544 nos rallyes.

A version Sport de 1800 cc e 90 cv convirtíuse en todo un simbolo nos rallyes, duro e fiable en terreos dificiles, rápido e áxil en estradas cháns. Proba delo foron os campionatos europeos gañados por Gunnar Andersson (en 1958 e 1963) e Tom Trana (1964), ou a victoria dos irmáns Jaswant e Joginder Singh no Rallye Safari Africa Este (Kenya) de 1965. Ademáis, hay que sumar as victorias en probas de resistencia en Estados Unidos, como as 10 horas de Lime Rock en 1957 e 1962 e as 12 Horas Marlboro, tamén en 1962, que lle deron a Volvo prestixio e ventas, o que fixo que, en colaboura co departamento de competición, a direccion tomase a decisión de suministrar equipos de preparación e facer oficialmente nos seus talleres transformacións deportivas.

Para elo subministróu o “Kit deportivo R Sport”, que sobor do motor B20 (de 2000 cc e 118cv) que Volvo xa utilizaba en outros modelos, incluíndo unha nova culata, conductos, válvulas e colectores especialmente preparados e reforzados, un árbol de levas con maior cruce e dous carburadores dobres Solex de 45 mm., co cal un PV-544 podía alcanzar 180 cv a 6000 rpm. Por suposto tamén se modificaron a transmisión e as suspensións. O kit contempraba un volante motor alixeirado, un cambio de relación pechada e a instalación dunha parella de amortecedores en cada roda diantera e unha barra estabilizadora mais grosa.

Posteriores preparacións particulares, conqueriron, especialmente co uso do turbo, multitude de unidades de máis de 200cv, ás que ademáis se lles reforza o chasis e se lle colocan suspensións modernas. Aínda que non hai dous iguáis, son ata certo punto "frecuentes" en Suecia, así como as versións "custom", ou mesmo pick-up modificadas (ver galería), máis ou menos artesanais, e de gran aceptacion entre a xente nova.

(Monográfico feito polo Foreiro Maestro MalDizer)


Para comentar o artigo no foro de debate ou leelo traducido ó español, fai click aquí:

FICHA TÉCNICA

·  Motor
Situacion: Delantero longitudinal
N° de cilindros: Cuatro en línea
Distribucion: Un arbol de levas lateral en bloque, dos valvulas por cilindro
Refrigeracion: Liquida

·  Transmision
Tipo: Traccion trasera.
Transmision: Caja manual de cuatro velocidades
Embrague: Monodisco en seco

 ·  Bastidor
Estructura: Carroceria monocasco autoparlante
Suspension delantera: Independiente, con resortes helicoidales y estabilizadora.
Suspension trasera: Eje rigido, barras de torsion y resortes helicoidales.
Frenos: De tambor en las cuatro ruedas con accionamiento hidraulico.
Direccion: Sector y sinfin.
Peso: 1,030 kg
Deposito combustible: 35 l

·  Carroceria
Diseño: Sedan de dos puertas, obra de Helmer Petterson.
Plazas: Cinco
Distancia entre ejes: 260 cm
Vias del-tras: 129/131 cm
Largo x Ancho x Alto: 445 x 158 x 156 cm
Presentacion: Agosto de 1958
Fabricacion: 1958-1965
Ejemplares: 243,996
Precio en 1963: 2395 dolares

Homologación FIA:

HOM.
Grp.
Marca
Modelo
xFactor
Cilindrada
Data
ASN
Ext.
5107
1
Volvo
544
1778
01/05/1966
S
0
1086
T
Volvo
544 Sport
1789
05/12/1961
S
3
 

COTIZACIÓNS (Segundo Motor Clásico)

Volvo PV444 A - 10200 - 1800 €.
Volvo PV444 B-E-9600 - 1800 €.
Volvo PV444 H-K-7800 - 1200 €.
Volvo PV444 L - 7200 - 1200 €.
Volvo PV445 - 6600 - 1200 €.
Volvo PV544 A-B - 7800 - 1200 €.
Volvo PV544 C-G - 9000 - 1800 €.
Volvo PV544 Sport - 10800 - 1800 €.


¿QUERES SABER MÁIS?

http://www.pv-klubben.org

http://www.norskvolvopvklubb.no

http://www.bearmanmotorsports.com


http://www.volvoclub.org.uk


http://www.classicvolvo.com