Libro de visitas

MONOGRÁFICOS

HISTÓRICO DE MONOGRÁFICOS E ESPECIAIS PUBLICADOS:

PEUGEOT 205 TURBO 16 (...Cousas de Todt)
Ver a Ari Vatanen, o piloto loiro finés hoxe eurodeputado subido no capot do seu Peugeot celebrando a victoria e brindando cun vaso de leite convertíuse en algo moi frecuente despóis do debut do 205 Turbo 16 en Córcega no ano 1984 .
E se non gañóu un campionato do mundo co 205 foi por mor dun gravísimo accidente en Arxentina , que casi lle costa a vida ó finés, que o tivo apartado das carreiras máis de ano e medio. O que sí conseguíu proclamarse campión foi o seu compañeiro de equipa, o bonachón e miope Timo Salonen ....

STEVE McQUEEN (Monográfico feito por Maldizer)

Terrence Steve McQueen naceu o 24 de Marzo de 1930 en Slater, Missouri (Estados Unidos). Despois de ter sido abandonado polo seu pai, trasladouse coa sua nai a California, donde se converteu nun neno rebelde con sona de escapista de internados.
Na sua adolescencia, Steve intentou gaña-la vida ocupando diferentes postos de traballo, como serrador, en pozos de petroleo texanos ou como mariño en barcos petroleiros e nos rios madereiros de Canada...

VIDEO FERREIRO

Gracias ó foreiro maestro Álex podemos disfrutar dun vídeo recopilatorio do espectacular piloto melidense Xesús Ferreiro, feito a base de recopilar secuencias de afeccioados colgadas en internet. Para baixa-lo vídeo (11,1 Mb) facede click aquí co botón dereito do rato e seleccionade Gardar destino como:

MERCEDES BENZ 450SLC-500SLC (C107): "DER PANZERWAGEN AUTOMATIK "

Dende sempre, tan só unha lenda fai esquencer outra. E a saga dos SL de Mercedes é unha lenda ben completa Ver imaxe . Mercedes Benz tiña a finais dos `60 e a principios dos `70 unha auténtica beleza no seu catálogo: o SL "Pagoda" Ver imaxe, apodado así pola elegancia "oriental" do seu teito duro Ver imaxe . O bello W113, era realmente difícil se substituir, pois a súa elegancia e discreta deportividade Ver imaxe eran, e seguen sendo (acentuadas si cabe co paso do tempo, coma os viños bós), realmente proverbiais Ver imaxe .

FOTOS DEL AUTOCLÁSICO DE OPORTO Y EL HISTORIC FESTIVAL DE ESTORIL:.
(Cortesía de Contravolante Rallye Clube)


Galería de fotos del Autoclásico de Oporto 2004

Galería de fotos del Historic Festival 2004

PORSCHE 924: A "CENICIENTA" DE PORSCHE?

¡Qué pena!. Así titulaba o mellor magazine de rallyes do mundo (a lo menos para mín), a revista británica RallySport, un reportaxe publicado en marzo de 2000 adicado ó primeiro Porsche de motor dianteiro e refrixerado por auga preparado por Porsche para competir en rallyes. E sí: en verdade foi unha pena aquela historia. Simplesmente gañóu a súa primeira carreira ó quinto intento, e aquelo era moito tardar para Porsche, desbotando o proxeto de rallyes 924, en favor dun derivado do máis "purista" 911, o 959...

VOLVO PV 444 - 544: "UN SUECO REDONDO "

Despóis da terrible II Guerra Mundial, e a primeiros da década dos 40´, Volvo decidíu fabricar un coche "popular", e ese coche convirtíuse no PV444. As iniciais PV corresponden á palabra "Perssonvagn", que en sueco quere decir literalmente "coche persoal", e que podemos traducir literariamente coma "coche do pobo", unha definición que concorda exactamente coa traducción do alemán de Volkswagen; I é que, salvando as diferenzas, eso era o que os enxeñeiros suecos desexaban: motorizar ós suecos de crase media. O primeiro "4" aludía ás 4 prazas dispoñibles, e o "44" restante referíase ó ano en que o modelo veu a luz...

FIAT 131 ABARTH: "LA BRAVA MADONNA"

A mediados dos anos ´70, a Fábrica Italiana di Automóbili-Torino (Fiat), que viña de mercar a mítica firma Lancia, estivo fronte a un duro dilema. Os rallyes cada vez eran máis populares e con maior repercusión mediática e comercial, pero eles non aproveitaban ese tirón por estar competindo, e con moito éxito, coa súa filial Lancia, facendo correr ó plurivictorioso Stratos.
O dilema era complicado, pois o Stratos, que arrasaba literalmente na competición, era un rotundo fracaso comercial, e case que non eran quenes de vender siquera as 400 unidades fabricadas...

OPEL MANTA: "BELLO E BESTIA"

A finales dos anos 60 Opel xa tiña no seu catálogo un pequeno coupé biplaza chamado GT 1900, de estética claramente inspirada na liña do seu primo maior Chevrolet Corvette, que era a punta de lanza da casa matriz GM ó outro lado do atlántico para competir cos muscle cars da competecia. Pero o GT 1900 era un coche moi limitado nas vendas pola súa pouca practicidade, e a competencia directa de opel en Alemania e Gran Bretaña, Ford, tiña un coupé de boa habitabilidade e precio asequible: o Capri. Aínda que Opel afirmóu que o seu coche non estaba deseñado para competir co Capri, ...

SEAT 1430: "O TAXI DOS RALLYES" (Polo Foreiro Maestro MalDizer)

Chegou o momento de falar dun dos máis importantes clásicos nacionais no mundo dos rallyes, o SEAT 1430, o primeiro SEAT sen homólogo na Fiat (que se vendía coma 100% español), o automóvil mais desexado por futbolistas e estrelas do cine a principios dos 70, e por todo quinqui e maleante que se preciase de selo nos 80. Nos 90 caeu no olvido e foi unha das maiores víctimas desa lacra chamada RENOVE-PREVER. Agora, no novo século, empeza a ser apreciado de novo e os supervivintes empézanse a pagar moi por encima do que dicta a lóxica. Pero...¿Quén non lembra ós altos cargos do anterior réxime viaxando nun primeira serie (mais tarde sería famoso o Dodge 3700, seu sucesor), ou ós intrépidos Vaquilla e Torete ós mandos dun FU?...

LANCIA STRATOS HF: "UN OVNI NOS RALLYES"


Cando me plantexéi co meu colega Maldizer facer este monográfico adicado ó Stratos, estiven cavilando un bó anaco no adxetivo a utilizar para describir esta "machina". Mito, lenda, maquinón, supercoche, en fin...; finalmente, acordéime de Emanuel, meu cuñado pequeno, que cada vez que xogaba na playstation e corría "virtualmente" con este coche dicía que corría cun "platiño voante". Pero o seu aspecto baixo, estilizado e "galáctico" non debería ser únicamente o atractivo deste auténtico "killer" dos rallyes dos ´70. Hay algúns máis...

No Lancia Stratos confluíron unha serie de circunstancias que o convirtiron no mellor coche de rallies da súa época. A adquisición da marca Lancia por parte do Grupo Fiat, que supuxo unha forte inxección económica para o equipo de ralis; A existencia dentro...

BMC MINI COOPER S

Si hay capítulos destacables na longa historia das competición de estrada, un deles estivo protagonizado por un diminuto coche, revolucionario na súa concepción técnica para o que se estilaba naquela época. Imos dedicarlle uns dos nosos monográficos ó auténtico "David" dos rallyes: O Mini Cooper.

Este sorprendente aparatiño acadóu unha impresionante serie de trunfos nos mais importantes rallies dos anos sesenta. Con pilotos como Hopkirk, Makinen e Aaltonen, gañóu tres veces en Montecarlo e outras tantas en Finlandia....

BMW 3.0 CSI - CSL: "O BATMÓVIL"


Lanzado en outono de 1968 cun 6 cilindros de 2,8 litros e 170 CV, o coupé CS convertéuse en marzo de 1971 no coupé 3.0 CSL, cuxas versións «batmóvil»,chamadas así polo seu gran alerón, foron as máis potentes e espectaculares.
O seu predecesor, BMW 2000 CS con motor de 4 cilindros, presentado en 1965, representóu a renovación e modernización da marca bávara. Indudablemente, servíu de modelo o gran coupé 3200 con motor V8, deseñado por Bertone en 1962...

  FORD MUSTANG: O PRIMEIRO "PONY CAR"

Non é, dende logo, un coche típico nos nosos ralyes, nin nos do resto de Europa, pero repasando as listas de homologación da FIA, un non deixa de sorprenderse vendo que os míticos Mustang americanos estiveron no seu tempo homologados para competir en rallyes, e aínda hoxe son usados (os modelos actuais) nos moi escasos rallyes que se corren nos USA e no Canadá (sobor de todo nas zoas francófonas). Outra cousa son os ralis de regularidade, ámbito donde sempre son moi aprezados pola súa lendaria fiabilidade e gran confort ruteiro...

  SANDRO MUNARI: "O DRAGÓN LANCISTA"

Sandro Munari é considerado unha lenda dos rallyes dos ´70 por ter sido o primeiro piloto capaz de gaña-lo Rally de Montecarlo en catro ocasións, e por selo máis destacado piloto ó volante dun dos coches máis emblemáticos da historia dos rallies, o Lancia Stratos, e tamén por ser o primeiro piloto latino en condicións de poñer en dúbida a eterna supremacía dos pilotos nórdicos fora do negro asfalto. Cando o Grupo Fiat decidíu xubila-lo Stratos e sustituilo polo máis convencional Fiat 131Abarth (previo estudio con prototipo incluído do Fiat X1/9 Abarth, desbotado a favor do máis comercial 131), Munari deixóu de creer nos rallies e marchóu do Mundial cando o fixo (oficialmente) o seu amado Stratos....